top of page

Gonzalo Abelairas



Imparte clases de:

Gaita, linguaxe musical e percusión.

Para gaita galega, tanto para niveis de Iniciación e perfeccionamento, organiza:

Obradoiros de técnica.
Obradoiros de ornamentación e Interpretación.
Obradoiros de empalletado, tempero, "afinación", tanto a solistas, como  agrupacións ou con outros instrumentos.

Iniciación o análise, arranxos e composición  a xeito tradicional.

*(Podes porte en contacto para ver a dispoñibilidade e consultar dúbidas) .







Currículum:

-Mestre de Música na especialidade de Gaita Galega:

-Grado Profesional de Música LOGSE, na especialidade de Gaita Galega, no Conservatorio Profesional de Música “Mayeusis”, de Vigo, promoción 2000 – 2006.

-Diploma de Grao elemental de Música na especialidade de piano polo plan do 66, no Conservatorio Profesional de Música de Ourense, abarcando:
4 cursos de piano.
5 cursos de solfeo.
2 cursos de canto coral.
-No 2006, supera a proba de acceso o “Conservatorio Superior de Música de Vigo”, na especialidade de Musicoloxía e continúa a súa formación durante ese curso, 2006/2007 en Gaita e Percusión, no “Conservatorio de Música Folque” de Lalín.



Traxectoria Musical:

Iníciase na música os dez anos de idade, estudando piano no Conservatorio Profesional de Música de Ourense, onde remata o grado elemental polo plan do 66, pero co paso do tempo e o seu gran interés pola música tradicional galega, fan que comece a estudar Gaita e Percusión, na Aula de Música Tradicional “Gomes Mouro” (curso 1999-2000), onde xa dende ese primeiro ano, entra a formar parte do seu grupo de alboradas. Con esta formación participa en todo tipo de festas, romerias e destacando actuacións como a do “I Dia do Patrimonio Inmaterial”, celebrado en Ourense, ou os festivais de Ferreras de Abajo e Zamora.
Dende o curso 2002-2003, comeza a impartir clases de Gaita e de Iniciación á Percusión nas diferentes escolas, asociacións e concellos da provincia de Ourense, vinculadas á AOFT, (Asociación Ourensá de Folclore Tradicional), e na EMT, (Escola de música Tradicional de Ourense), dende o curso 2004-2005 Colaborador no libro “De pano Sedán”, obras para gaita, publicado por J. Presedo / A. Filgueira, Edicións do Cumio, coas partituras “Sol de Maio” e “De troula”.
A partir de xuño de 2005, convertese no Presidente da Asociación Ourensá de Folclore Tradicional, adicada o ensino da Música tradicional Galega na Provincia de Ourense
Durante estos anos, ten realizado multitude de cursos sobre afinación, tempero, historia da Música Galega, técnica, interpretación, análise da Música Tradicional, de empalletado e construción de palletas e pallóns, destacando: O curso de “Arranxos e composición a xeito tradicional”, impartido polo mestre Ernesto Campos, no local de Gomes Mouro e na Escola de Música Tradicional de Ourense nos cursos 00-01 e 01-02 e o “II Curso de Gaita”, impartido polos Mestres, Pedro Lamas e Iván Costa no Conservatorio Superior de Música de Vigo no 2007.
No 2005 participa compoñendo e interpretando a música da banda sonora da Curtametraxe “Voando”, rodado en Allariz e resultando gañadora do festival “On Off” de Rivadeo no verán de 2005. Tamén compón para outras curtametraxes como a rodada en Ourense no verao de 2007, " Presagio ". A partir do ano 2006, nace o cuarteto “Abelente”, feito para comezar a traballar nun repertorio de composición propio e participar nos diferentes concursos de gaita de Galicia.
Combina a súa faceta de Gaiteiro do Grupo de Música tradicional “Gomes Mouro” , Gaiterio e compositor no cuarteto “Abelente”, coa de mestre de gaita galega na Provincia de Ourense.

No 2010 créase o cuarteto "Par De Par" e no 2011 funda a Agrupación "DE PÉ FEITO" formada polo alumnado  das diferentes escolas, traballando un repertorio propio da Provincia de Ourense e de Composición, convertíndose nun espazo para que a xente que participe, traballe en conxunto, aporte ideas e  divírtase facendo Música!

Con estes grupos ten e continúa participado en diferentes festivais de música tradicional, como os de Ferreras de Abajo en Zamora, Sanabria,“I Festival do Patrimonio Inmaterial” en Ourense, Programa Luar da televisión de Galicia, viaxes a Braga, Lisboa e norte de Portugal, Rávenna en Italia e en todo tipo de festas, romarias, bodas e alboradas.



Cursos realizados:

-Dous cursos anuais,  (2000-2001 e 2001-2002) de “Arranxos e composición a xeito tradicional”, impartidos polo mestre Ernesto Campos, no local de Gomes Mouro e na Escola de Música Tradicional de Ourense.
-Curso de “Afinación e tempero para gaita galega”, impartido polo mestre Marcos Campos Pereira, na Escola de Música Tradicional de Ourense.
-Curso de “Historia da Música Galega”, impartido no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, polo mestre Ramón Pinheiro Almuinha.
-Seminario “Perspectiva antropolóxica na investigación Etnomusicolóxica”, impartido na aula de música tradicional Gomes Mouro, polo mestre D. Norberto Pablo Cirio.
-Curso de “Análise da Música Tradicional Galega”, impartido polo mestre José Luís do Pico, no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín.
-Curso de “Empalletado e Afinación para Gaita Galega”, impartido polo Artesán Juán Casalderrey, na escola de Música Tradicional de Ourense.
-Curso de “Técnica e Interpretación de Gaita Galega”, organizado polo Conservatorio Profesional de Música de Ourense e impartido polos mestres, Juán Barcón Peña e Bruno Villamor Gay, (curso de 20 horas).
-Curso de “Construcción de Palletas e Pallóns”, impartido polo Artesán Juán Casalderrey, na escola de Música Tradicional de Ourense.
-Curso de “Gaita, (técnica, interpretación, toque pechado), e Composición”, realizado no Conservatorio Profesional de Música Mayeusis, de Vigo e impartido polos mestres José Manuel López e Ernesto Campos, (curso de 21 horas).
-“II Curso de Gaita” impartido polos Mestres, Pedro Lamas e Iván Costa no Conservatorio Superior de Música de Vigo, os días 3,4 e 5 de Xullo de 2007, (Curso de 20 horas)
-“I Curso Superior de Gaita Galega”, celebrado na Escola de Música Tradicional de Ourense nos meses de maio e xuño de 2010, co mestre Xosé Miguélez, (curso de 16 horas)

-“Curso de jazz e concerto didáctico” impartido polo grupo "Paul Mauriat jazz project", no Conservatorio Profesional de Vigo o 2 de decembro de 2010.

-Curso de “Novas Músicas para Gaita” impartido por Paulo p. no Conservatorio Superior de Música de Vigo, o 13, 14 e 15 de decembro de 2010, (Curso de 14 horas)

- No 2017 e 2018 participa en distintos obradoiros de Percusión : Padeiro e Pandeira da man de Felisa Segade, Xermán Muíños e Luís Prego,  celebrados en Couso e na Arca da Noe, Vilardesantos. Completados tamén con diferentes percusións muidas.
- En 2020 continúa participando en distintos obradoiros de construcción e Percusión : EN febreiro de construcción de Pandeira con Xosé Maceda e en maio de técnica e repertorio de  Pandeira da man de Felisa Segade e Xermán Muíños (os dous cursos organizados pola AOFT en Gustei)

-En novembro de 2020 comeza a estudiar ZANFONZA con Germán Díaz, no Centro de Música Fingoi.

-2021: Curso de Iniciación ao Barroco con Tobie Miller, organizado pola aCentral Folque.

-2022: Participa nos Workshop Online de ZANFONA,  organizados pola aCentral Folque con:
       -Michalina Malisz (Marzo de 2022)
       -Johannes Geworkian Hellman (Maio 2022)
-Abril de 2022 participa no curso de Regraxe e Mantemento da Zanfona organizado por Cantigas e Agarimos, con Xaime Rebollo.
- Maio de 2022 Curso con Adrià Grandia organizado pola "aCentral Folque" en Compostela.

 


-Como Gaiteiro, comeza a participar en concursos tanto de solista como de cuartetos no ano 2006, onde acada:


-Co cuarteto “Abelente”:
-Terceiro premio no “IIº Concurso de Cuartetos e quintetos de Ortigueira”, (13-5-2006).
-Finalistas no XXXIX “Concurso de Cuartetos de Ponteareas”, (23 e 24-9-2006).
-Terceiro premio no “IIIº Concurso de Cervo”, (5-4-2007).
-Segundo premio no X “Memorial Manuel Texo” de Vedra, (5-5-2007).
-Finalistas no XL “Concurso de Cuartetos de Ponteareas”, (22 e 23-9-2007).
-Segundo premio no I“Concurso de Cuartetos de Luou” Teo, (21-10-2007).
-Finalista no Concurso de Cuartetos, “Moxenas”, Valladares,Vigo (26-1-2008).
-Terceiro premio no “Iº Concurso de Cuartetos, Festas de Ourense”, (28 e 29-6-2008).
-Terceiro premio no XI “Memorial Manuel Texo” de Vedra, (20-7-2007).
-Cuarto premio no XLI “Concurso de Cuartetos de Ponteareas”, (20 e 21-9-2008).
-Terceiro premio no II “Concurso de Cuartetos de Luou” Teo, (18-10-2008).
-Segundo premio no XLII “Concurso de Cuartetos de Ponteareas”, (20 e 21-9-2009).
-Primeiro Premio no Concurso de Cuartetos, “Moxenas”, Valladares,Vigo (25-4-2010).

-Terceiro premio no IV “Concurso de Cuartetos de Luou” Teo, (10 - 2010).



* Terceiro premio no VI“Concurso de Cuartetos de Cervo” (22-10-2011) Co Quinteto da Agrupación “De Pé Feito”, da escola de Música Tradicional de Ourense


-Como Solista:

-Finalista no I CERTAME DE GAITA “AS MARIÑAS” DE BETANZOS, (disputada o 16 de Maio de 2007).
Gañador do “Sapo de Ouro”, mención o millor traxe Tradicional do Concurso.
-Finalista no XVII Concurso de Gaita “Constantino Bellón”, final disputada o 31 de agosto de 2007 no teatro Jofre de Ferrol.
-2º Premio no “III Concurso Manuel Dopazo”, celebrado en Bandeira o 11 de Maio de 2008.
-1º Premio no 51º Certame de Acordeón, na categoría de "Grupos Populares" coa formación: Gerardo Quintela, (Acordeón), Patricia López, (Voz e Percusións) e Gonzalo Abelairas, (Gaita e Saxo Soprano), celebrado en Ourense o 4, 5, e 6 de Xullo de 2008.
-1º Premio no “ Iº Concurso de Gaiteiros Solistas, Santiaguiño do Monte”, celebrado en Padrón o 25 de Xullo de 2008, acompañado no Tambor por Noelia García.
-ACCÉSIT no XVIII Concurso de Gaita “Constantino Bellón”, final disputada o 31 de agosto de 2008 no teatro Jofre de Ferrol.
-3º Premio no “IV Concurso Manuel Dopazo”, celebrado en Bandeira o 24 de Maio de 2009.
-ACCÉSIT no XIX Concurso de Gaita “Constantino Bellón”, final disputada o 8 de novembro de 2009 no teatro Jofre de Ferrol.

 

*COMO DIRECTOR DO CUARTETO "CHIMPACARNEIROS" DE OURENSE, CONSEGUE O 1º PREMIO NO CONCURSO DE XACARANDAINA 2013.


Gravacións:
-X Memorial Manuel Texo, 2007.
-I Certame de Gaita “As Mariñas de Betanzos”, 2007.
-XVII Concurso de Gaita Constantino Bellón, 2007.
-Compositor da banda sonora da curtametraxe “Voando”, rodado en Allariz e resultando gañadora do festival “On Off” de Rivadeo no verán de 2005 ​e  da curtrametraxe “Preságio“, rodada en Ourense no verao do 2007.
-Cd-maqueta da ”Agrupación Agarimo“, das cantadeiras “Agarimo” de Ourense, gravada nos estudios ”Zouma Records”, en febrero de 2008.
-V Encontro de Gaiteiros “Manuel Villanueva”, Poio 7-6-2008.
-XI Memorial Manuel Texo, 2008.
-XVIII Concurso de Gaita Constantino Bellón, 2008.
-Colaboración no disco de Susana Seivane “ Os soños que volven”.
-XIX Concurso de Gaita Constantino Bellón, 2009.
-2ª Cd-maqueta da ”Agrupación Agarimo“, das cantadeiras “Agarimo” de Ourense, gravada nos estudios ”Zouma Records”, en abril e maio de 2010.
-Gravación con "Gomes Mouro", e compositor xunto a Cástor e Félix Castro do tema musical "Pasarrúas dos Graxos", no Libro-Cd EBA 5.0
"O Universo de Eduardo Blanco Amor 50 anos despois d'a Esmorga - Difusora de Letras Artes e ideas.
-No libro “Gaita 2.1 Música do XXI ao Xeito Tradicional” – Publicado por Dos Acordes.
-Gravación xunto a Gomes Mouro e a Agrupación De Pe Feito de Ourense no CD Oralidades (para o Eixo Atlántico)
-Gravación xunto a Gomes Mouro no CD da CORAL DE RUADA " Entre Amigos"

-No 2016 Colabora na gravación do CD "Bicos con Luvas" do Grupo Ourensá COANHADEIRA.

-En 2019 Colabora gravando as gaitas no corto de Animación "Capitán Breomán" (unha webserie de humor negro e absurdo, realizada principalmente
por un grupo de alumnos da Escola de Imaxe e Son da Coruña)
- Octubre de 2020: “"Volverá a salir el sol"

Gravación do tema e videoclip do proxecto patrocinada pola "AECID" para este encontro musical de Guinea Ecuatorial, Cuba e España.

-Xaneiro de 2022: Colabora coa Gaita e Zanfona con Juan José Cruz García e Pingüino González na canción canción titulada "Camiño", composta por Juan José Cruz García a partir do poema homónimo para o libro "Os Balbinos polo Camiño Inglés".


Publicacións:
-“De Pano Sedán”: José Presedo, Edicións do Cumio.
-Co Grupo “Gomes Mouro” no libro CD : “O UNIVERSO DE EDUARDO BLANCO AMOR 50 ANOS DESPOIS D A ESMORGA”.
- Arranxos nos temas da Agrupación De Pé Feito, no CD ORALIDADES.
-Compositor da banda sonora da curtametraxe “Voando”, rodado en Allariz e resultando gañadora do festival “On Off” de Rivadeo no verán de 2005 ​e 
da curtrametraxe “Preságio“, rodada en Ourense no verao do 2007.
-“Gaita 2.1 Música do XXI ao Xeito Tradicional” - PRODUCIDO POR MILO ROMERO e publicado por Dos Acordes coas pezas: ”Noite Meiga” e

 “Insomnio dunha noite de nadal”.
-3 Cardenos para Gaita coas pezas de composición propia.
-Libro "Os Balbinos polo Camiño Inglés" colaboracíon coa gravación de Gaita e Zanfona no tema "O Camiño"

Drrante estes anos imparte cursos  de empalletado, tempero, técnica e ornamentación tanto a nivel iniciación como para xente xa con coñecementos previos :
-AC Xacarandaina.
-AC Chuvisquiña de VImianzo.
-Asociación Abelladeira de Ponferrada.
-Centro Galego de Santurtzi.
-Centro Galego de Eibar.
-Concello de León.
-Sesións Galegas Bilbao.
-Solpor de Celanova.





Actividade docente dende o curso 2002-2003 de Gaita e Percusión:
 


-Colexio público de Cortegada: 2002-2004.
-Ceip Ben-Cho-Shei, Pereiro de Aguiar: 2002-2005.
-Concello de Bande: 2002-2003.
-Foula, 2003-2004. -Asociación de Música e Baile do Concello de Vilamarín: dende o 2002 o 2006.
-Asociación “A Lagarada”de Amoeiro: dende o 2002-2005.
-Asociación do “Parque barbaña” de Ourense: dende o 2002.
-Escola de Música Tradicional de Ourense, (EMT): dende o 2004.
- Escola de Música Tradicional do Concello de Allariz, dende o curso 2004-2005.
- Escola de Música Tradicional do Concello de Maceda: dende o curso 2003 ao 2010.

-Universidade de Vigo, Campus de Ourense, nos " Obradoiros de Extensión Universitaria", dende o curso 2011-2012.
-Dende o 2012 na Escola de Música Tradicional de Baños de Molgas.

-Dende o curso 2013-2014 imparte clases na escola  "VIRXILIO FERNÁNDEZ" , CREADA ESE MESMO ANO, NA CORAL DE RUADA.
-No 2019 e 2020 no Concello de Sarreaus.

bottom of page